Máster Class Trompeta – Juan Lois Diéguez

Máster Class Trompeta – Juan Lois Diéguez

O próximo 5 de abril, o trompetista Juan Lois Diéguez ofrecerá unha sesión de masterclass nas instalacións da ESMULI, completamente gratuita, co obxectivo de axudar a mellorar aos trompetistas participantes.

Podes inscribirte na seguinte ligazón: https://forms.gle/yxTyQWu984whzmNCA


Juan Lois Diéguez nace en Agolada (Pontevedra), no ano 1980. Comeza os seus estudos musicais co seu pai a idade de 10 anos. Estudou nos Conservatorios de Lalín, Santiago de Compostela e Vigo. Foi membro de diversas Bandas populares Banda de Agolada, Banda de Lalín, Silleda. Ós 15 anos ingresa na Banda Municipal de Lugo. Asi mesmo colabora con infinidade de agrupacións como: Colectivo Harmonia, Banda Sinfónica de Galicia …


No ano 2002 obtén praza na Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia. Formou parte da Orquesta de Cámara de Lalín e Orquesta de Práctica Orquestal da Sinfónica de Galicia. Colaborou tamén coa Orquesta de Cámara Galega, Orquesta Clásica de Vigo, Xoven Orquesta Sinfónica do Principado de Asturias, English Chamber Orchestra (coa que realizou unha xira por Cataluña, Valencia, Andalucía, Marruecos e Portugal) e a Real Filharmonía de Galicia, da que foi trompeta coprincipal durante duas empadas. Dende o ano 2018 é artista Adams.


No ámbito da música de cámara ten realizado concertos con diferentes formacións entre as que cabe destacar o quinteto de metais da Real Filharmonía de Galicia “BRASSMANIA” entre outros. Estudiou e realizou Cursiños con mestres coma: John Aigi Hürn, Stanley Curtis, Javier Viceiro Filgueira, Javier Simó Echarte, Antonio Cambres Rodríguez, Benjamín Moreno, José Mª Ortí Soriano, Eric Aubier. Realizou tamén cursiños noutras especialidades como pedagoxia coa mestra Ana Mª Navarrete, Técnica lexander con Montserrat López e diversos cursiños e clases de Dirección e Instrumentación con Mestres coma: Marcel van Bree, Javier Viceiro Filgueira, Óscar Navarro, José Rafael Pascual-Vilaplana, Jan Cober, Jan Van der Roost, Hardy Mertens ou Bert ppermont.


Entre os anos 96 a 2002 foi subdirector da Banda de Música Municipal de Silleda e director da Escola de Música Municipal de Silleda. Traballou tamén na Escola Profesional de Música de Viana do Castelo (Portugal) e na Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela. Dende o ano 2002 ó 2010 foi director da Escola de Música Santa Cruz de Ribadulla, e Director Titular da Banda de Música Santa Cruz de Ribadulla coa que obtivo o 1º premio no Certame Nacional de Bandas de Música “Villa de éganes” (Madrid_2004) e o 1º premio no Certame Internacional de Bandas de Música “Vila de La Sénia” (Tarragona _2007). Dirixiu tamén a Banda de Música Municipal de Boiro e durante os anos 2009 ó 2015 foi titular da Banda de Música de Pontevedra.

No ámbito da composición conta no seu haber con diferentes pezas populares, así como obras para Banda Sinfónica e infinidade de instrumentacións e transcripcións. Realizou estreas absolutas e mundiais de obras dos Mestres: Casiano Mouriño, Simón Couceiro, Fernando Ruibal, Israel Quintas, Adrián Silva, Xabier Comesanha, Carlos Rodríguez, Adrian Saavedra, Abe Rábade … Asi como representacións das Zarzuelas “El Barberillo de Lavapiés” e “A Lenda de Montelongo” con transcripcións propias. Ten recibido encargos de agrupacións tales como a Nova Banda de Vilatuxe, Banda de Música Municipal de Agolada, Banda de Música de Caldas de Reis, Banda Cultural de Salceda de Caselas, Banda de Música de Pontevedra, Banda de Música Municipal de Silleda ou a agrupación Musical de O Rosal. Compón para o ciclo de cámara «Galegos Hoxe», Impromtu, estreada por Javier Simó Echarte , trompeta Solista da Real Filarmonía de Galicia así como tamén recibe un encargo da Excelma. Deputación de Pontevedra, “Iter per Gallaeciam”, obra obrigada no certame provincial deBandas de Música de Pontevedra.


Dirixe como convidado , importantes bandas da xeografía galega, como a Banda de Música de Silleda, Banda de Lalín, Banda – Escola de Música de Beade, Unión Musical de Valladares, Banda do Conservatorio Profesional de Música de Lugo, Banda de Lanhelas (Portugal), Agrupación Musical do Rosal, Banda Sinfónica do Campus da FGBMP, Orquesta Filarmónica de Pontevedra, Banda Municipal de A Coruña, Banda Municipal de Barcelona, entre outras. Dirixiu tamén a AGRUPACIÓN “A nosa Música”, formada por cincuenta xoves músicos de tódalas Bandas da comarca do Deza (Pontevedra) e é director da Banda Solidaria Galega, formada por cincuenta profesionais de diferentes ámbitos musicais de Galicia. En 2010 foi seleccionado como Director Asistente da Banda Municipal de Barcelona.


Na acualidade compaxina a súa labor de profesor instrumentista da Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela coa Dirección Titular da Escola e da Banda de Música Cultural de Salceda de Caselas.