ESMULI
A Escola de Música da Limia é un centro de formación incluído no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Xunta de Galicia, onde ofertamos clases de música para todas as especialidades e niveis, sen importar a idade. Sempre enfocadas de cara a participar na banda de música.



A ESMULI conta con profesores con titulación superior e profesional de conservatorio en diversas especialidades, e as instalacións están tratadas acústicamente para facilitar a actividade musical.
Tamén hai dispoñibles instrumentos de préstamo gratuitos para os alumnos que non contan cun propio.
Consulta aquí os datos de matrícula e os beneficios dos alumn@s, ou comeza o proceso de matriculación.

A ESMULI é un centro autorizado pola Xunta de Galicia, con código de centro 32020902.
