IX Festival de Bandas de Música da Limia

IX Festival de Bandas de Música da Limia

Este 30 de setembro ás 18:30 horas, celebrarase no Auditorio Ángel Cocho da Casa da Cultura de Xinzo de Limia o IX Festival de Bandas de Música organizado pola Agrupación Musical da Limia.

Nesta ocasión, a banda convidada será a Banda de Música el Burgo de Osma, quenes veñen visitarnos dende Soria. No festival participará ademáis a Chikiband da Limia e a Agrupación Musical da Limia.

Este será o repertorio:

El Burgo de Osma

  • Albero, pasodoble de J. Vélez
  • La Verbena de la Paloma (preludio, pasacalle y seguidillas), de Tomás Bretón. Arr. Fernando Bonete
  • The Cream of Clapton, Arr. Ron Sebregst

Chikiband da Limia

  • Chikiband, pasodoble de Lionel Beltrán
  • Mitos Galegos, Fran Cogollos

Agrupación Musical da Limia

  • Manolito el Vaquero, María Mendoza
  • Metamorfose sobre o Himno Galego, León Durán
  • Dunkirk, José Alberto Pina

Tódalas bandas implicadas darán o mellor delas mesmas para ofrecer un concerto da mellor calidade posible, deixando ver a súa paixón polo que fan.

Este festival tamén supón unha oportunidade para a Agrupación Musical da Limia de compartir coa vila e a comarca as obras que está preparando de cara ao Festival Galego de Bandas, o cal celebrarase en Narón a fináis de Outubro. Nel, participará tanto a banda da Agrupación Musical da Limia en sección segunda, coma a Chikiband da Limia, a cal participará en sección infantil.


A banda el Burgo de Osma aproveitará a súa visita para coñecer mellor a vila, visitando lugares de interese, coma o Museo do Entroido.

A orixe desta banda remóntase á segunda metade do século XIX, antes da súa creación oficial en 1907. A banda pasou por diferentes nomes e situacións marcadas polos diferentes momentos históricos, pero sempre conseguiu seguir grazas á paixón dos seus integrantes, incluso despois de estar a piques de desaparecer nas décadas dos 60 e 70.

Foi en 1979 cando se funda a actual Asociación Musical «Amigos de El Burgo de Osma», punto clave a partir do cal a banda garantizou a súa supervivencia e crecemento, tralo período máis convulso da súa historia.

En 2013 en adiante, a banda diríxea José María Capilla de Blas, quen xa fora director adxunto e director da banda xove. A día de hoxe, a Banda realiza 25 concertos anuais por convenio co concello de El Burgo de Osma, dando concertos por tódala provincia e incluso fora dela. A asociación conta hoxe con 300 socias, unha banda de música de 56 integrantes, unha banda xuvenil de 40 e unha escola de máis de 100 alumnos.