A Banda

A Banda de Música en 2014

A Agrupación Musical da Limia nace a mediados do mes de outubro do ano 2005, creando unha nova banda para dar cabida ás inquietudes dos membros da Banda de Música Municipal de Xinzo de Limia. Esta formación musical contaba nos seus inicios con membros activos da Banda Municipal de Música de Xinzo, da Banda de Gaitas e do Conservatorio Municipal de Xinzo de Limia e tamén con persoas que se dedican de maneira afeccionada ó mundo da música.

O seu primeiro director foi Don Eliseo Penín e sucedérono os directores Don Celso Nieto Rodríguez e Don Manuel Alejandro López Pérez. Dende novembro de 2014 comézase un novo proxecto baixo a dirección de Don José Luis Tielas Santiago.

Na Banda de Música participan diversos músicos de todos os niveis, tanto amateurs coma profesionais, co obxectivo de preparar repertorios musicais para realizar concertos e participar en concursos, así coma a elaboración de diversos proxectos musicais. Tamén levan alegría durante as festas locais de numerosas vilas por toda Galicia, principalmente Ourense.

Actividade

No ano 2016, o 29 de xullo, a Agrupación Musical da Limia tivo o pracer de participar no III Certame Internacional de Bandas de Música Harmónico de Toro (Zamora), na terceira categoría.

En Novembro de 2017, Participa no XI Certamen Galego de Bandas de Música na sección segunda acadando o 3º Premio e o premio á mellor interpretación da obra de temática galega.

En Novembro de 2018, participa no XII Certame Galego de Bandas de Música acadando o 1° premio na sección xuvenil.

En Xullo de 2022, participa no CIBM Cidade de Valencia, e posteriormente, en decembro, no XV Certamen Galego de Bandas de Música, acadando o 3º Premio en Sección Terceira e o 1º Premio en Sección Xuvenil.