Banda de Música

Agrupación Auditorio de Galicia

Esta sustancia ayuda a recuperar el estado de la llegada de la erección plena y sana, demostrando alta eficiencia en tratamiento de la disfunción eréctil causada por distintas infracciones vasculares y otros problemas graves. Ya que este, en conjunción con determinados medicamentos, puede llevar a un efecto adverso severo e incluso potencialmente mortal.

 A Agrupación Musical da Limia nace a mediados do mes de outubro do ano 2005 para dar cabida ás inquietudes dos membros da Banda de Música Municipal de Xinzo de Limia. Esta formación musical contaba nos seus inicios con membros activos da Banda Municipal de Música de Xinzo, da Banda de Gaitas e do Conservatorio Municipal de Xinzo de Limia e tamén con persoas que se dedican de maneira afeccionada ó mundo da música.

O seu primeiro director foi Don Eliseo Penín e sucedérono os directores Don Celso Nieto Rodríguez e Don Manuel Alejandro López Pérez. Dende novembro de 2014 comézase un novo proxecto baixo a dirección de Don José Luis Tielas Santiago.

No ano 2016, o 29 de xullo, a Agrupación Musical da Limia tivo o pracer de participar no III Certame Internacional de Bandas de Música Harmónico de Toro (Zamora), na terceira categoría.

En Novembro de 2017, Participa no XI Certamen Galego de Bandas de Músicas na sección segunda acadando o 3º Premio e ó premio á mellor interpretación da obra de temática galega.

En Xullo do ano 2018, é seleccionada para participar no 1º Certamen Internacional de Bandas de Música de Benavente.

En Outubro de 2018, a Agrupación Musical da Limia, consigue o 1º premio na Sección Xuvenil de XII Certamen Galego de Bandas de Música Populares.