IV Festival Coral de Xinzo de Limia, 2023

IV Festival Coral de Xinzo de Limia, 2023

O pasado 26 de Novembro, celebrouse o IV Festival Coral Xinzo de Limia 2023, organizado pola Coral Santa Mariña. Celebrouse na Igrexa Parroquial Santa Mariña (a Igrexa Vella de Xinzo), e contou cou participación de, a parte da Coral organizadora, da Coral Polifónica Val do Avia, procedente de Leiro e do Orfeón Ría de Muros, de Muros.

O festival abriuno a Coral Polifónica Val do Avia, dirixida polo mestre Don Celso Domínguez Domínguez, e acompañada ao piano polo recoñecido pianista Don Luis Humberto Cao. O seu repertorio caracterizouse por ter un aire popular:

  • Foliada Marmuradora (Treixadura)
  • Suliko (tradicional de Xeorxia, coa letra de Celso Domínguez)
  • Peixe Vivo (popular brasileira)
  • Alma llanera (Pedro Elías Gutiérrez)
  • Vento do norte (Nando Agüero)

Esta coral naceu no ano 2003, polo interés dun grupo veciñal amante do canto, e preséntase de forma oficial o 24 de maio de 2004. Con tan pouco tempo recorrido, esta coral xa ten pisado terras de tódalas provincias galegas, e está en constante contacto con agrupacións culturais lucenses. A coral participa activamente na vida cultural de Leiro, e é membro da Asociación Galega de Corais (Fecoga). Caracterízase por traballar cun repertorio tradicional galego.


Despois, foi a quenda do Orfeón Ría de Muros, o cal destaca por formarse únicamente por voces masculinas, por desgraza escasas no mundo coral. Foi dirixido polo mestre Don Ramón Domínguez Calvo. No seu repertorio, puidemos entrever unha temática mariñeira, sendo fieis ao seu lugar de procedencia:

  • Yo quiero ser marinero (Habanera – Manuel Celdrán)
  • A Muradana (Popular Galega – Miguel Ángel Viro)
  • Boga boga (Popular Vasca – Jesús Guridi)
  • Paloma mensajera (Habanera – José Ruiz Gasch, Arr. P. Cabo)
  • La playa del querer (Habanera, Arr. F. A. García)

Este orfeón foi fundado no ano 2011 por iniciativa da Asociación Cultural AzSoto, froito tamén da gran afección dos muradáns ao canto coral, a cal forma parte da súa cultura e maneira de ser. Destaca por comporse por 26 voces masculinas, xa que non existe outra formación similar nas súas proximidades. O seu repertorio é amplo, dende habaneras ata rock and roll, pasando por cantos relixiosos. O orfeón actúa en eventos moi diversos: vodas, misas, encontros corais, programas da TVG… Con enerxía e entusiasmo, o conxunto pretende seguir desfrutando da súa actividade por moitos anos máis.


Antes de que a Coral Santa Mariña pechara o concerto, houbo unha pequena actuación tendo como cantante solista a Dona Shaila González, acompañada por Don Andrés Piñeiro ao piano. Xuntos interpretaron Creep de Radiohead, nunha versión persoal do popular tema.

A Coral Santa Mariña, dirixida polo mestre Don José Luis Tielas Santiago, interpretou un repertorio probablemente xa coñecido polos seus habituais:

  • Lévame (Popular Galega)
  • Solamente una vez (Bolero – Agustín Lara, Arr, Antonio Velasco)
  • Meu amor é mariñeiro (Tradicional – Fuxan os ventos, Arr. Bieito Blanco)
  • La llorona (Popular mexicana, Arr. José Luis Tielas)
  • O voso galo comadre (Popular Galega, Arr. Miguel Groba)

A coral naceu como unha pequena iniciativa dentro da Asociación Cultural e Recreativa «Santa Mariña», e presentouse de maneira oficial o 4 de xaneiro de 1998, converténdose nunha coral a 4 voces mixtas, dirixidas inicalmente por Don Manuel Paradelo Laxe. Dende entón, a coral intervén en numerosos concertos festivais por toda Galicia e noerte de Portugal. Co falcemento do diretor e fundador, o mando pasa por Dona Lucía Rodríguez Carrera e Don Efrén Martínez Barja, ata que toma o relevo o actuyal director, Don José Luis Tielas, integrando a coral na ESMULI coa intención de dotala dunha nova dimensión técnica, vogal e artística.

Dende entón, a coral, consciente dás súas orixes humildes, xa que moitos dos integrantes non teñen formación musical, traballa sobre un repertorio bastante estable, co obxectivo de que os integrantes poidan mellorar técnica e vogalmente, ao traballar sobre unha base ben coñecida.


Despois do festival, as tres formacións corais irían ás instalacións da ESMULI a desfrutar dun momento de confraternización, acompañados duns merecidos pinchos e cantos festivos. A maioría dos participantes ficaron contentos coa experiencia, e mostráronse abertos ante a posibilidade de repetir a experiencia nun futuro.