EGADIB

A Escola Galega de Dirección de Banda é un proxecto dedicado á formación especializada de directores e directoras de banda en Galicia. Apostamos por unha aprendizaxe práctica, actual e vinculada á realidade das agrupacións musicais.
Ofrecemos programas adaptados a diferentes niveis e necesidades, combinando fundamentos técnicos, traballo co repertorio e prácticas reais de dirección. Ademais, realizamos cursos de extensión universitaria en colaboración coa UNED (Universidade Nacional de Ensinanza a Distancia), garantindo unha formación recoñecida e de calidade.
Ao longo da nosa traxectoria contamos coa participación de grandes mestres de prestixio internacional, que compartiron a súa experiencia e saber con alumnado de diferentes xeracións, entre eles: Jan Cober, Douglas Bostock, Frank de Vuist, Andrea Loss, Javier Viceiro, David Fiuza e Xoán Lois Diéguez, entre outros.
Tamén desenvolvemos unha ampla oferta formativa ao longo dos últimos anos:
- II Curso de Práctica Orquestral (2025)
- Curso de Práctica Orquestral (2024)
- III Curso de Dirección de Banda de Música e Orquestra (2023)
- Curso de Dirección de Banda de Música e Orquestra (2024)
- II Curso de Dirección de Banda de Música (2023)
- I Curso de Dirección de Banda de Música (2022)
- Psicoloxía para Directores de Banda de Música, Orquestra e Coro
- III Curso de Iniciación á Dirección (2020)
- II Curso de Perfeccionamento en Dirección (2020)
- I Curso Superior de Dirección de Banda de Música (2020)
- I Curso de Perfeccionamento en Dirección de Banda de Música (2019)
- Curso de Iniciación á Dirección de Banda de Música (2019)
- Curso de Iniciación á Dirección de Banda de Música (2018)

