Masterclass de Bombardino e Tuba con José Carlos Benavides Vila

A Agrupación Musical da Limia continúa co seu programa de preparación para o WMC Kerkrade 2026 cunha nova xornada formativa de alto nivel.
O vindeiro 16 de xuño celebraremos unha Masterclass de Bombardino e Tuba impartida por José Carlos Benavides Vila, músico cunha ampla traxectoria artística e docente no ámbito do vento metal.
Formado na Escola de Música Atlántida de Matamá e no Conservatorio Profesional de Música de Vigo, actualmente continúa a súa formación superior no Conservatorio Superior de Música de Vigo baixo a dirección do profesor Carlos Díaz. Ao longo da súa carreira colaborou con numerosas bandas de música de España e Portugal, así como con diferentes orquestras clásicas do panorama galego.
No ámbito docente, desenvolveu unha intensa actividade como profesor de tuba, bombardino e vento metal en distintas escolas de música, destacando o seu compromiso coa formación das novas xeracións de músicos.
Durante esta masterclass, o alumnado poderá traballar aspectos fundamentais da técnica instrumental, interpretación, sonoridade, respiración, musicalidade e preparación do repertorio, tanto en sesións individuais como colectivas.

Deja una respuesta