Santa Icía 2025

Este fin de semana, acompáñanos nunha serie de concertos e festivais que renden homenaxe á música. Este evento forma parte das celebracións polo 20º aniversario da nosa Agrupación, un ano cheo de emocións e sorpresas! ¡Non o podes perder!
21, 22 e 23 de novembro de 2025
Xinzo de Limia
Venres 21 de novembro
20:00 h: Festival Intercentros no Auditorio Ángel Cocho. Coa participación da CMUS Profesional de Xinzo, a Escola Municipal de Gaitas e Percusión, e a Escola de Música da Limia.
Sábado 22 de novembro
19:00 h: Misa cantada pola Coral Santa Mariña na Igrexa Nova.
20:00 h: Concerto coa Agrupación Musical da Limia & Chikiband.
Domingo 23 de novembro
17:00 h: Festival Coral na Igrexa Vella coa participación da Agrupación Coral do Concello de Trasmiras, o Coro Aimil e a Coral Santa Mariña.
Un evento que forma parte das celebracións do 20º aniversario da Agrupación Musical da Limia, un ano cheo de música, cultura e moita historia.
Agradecemento especial a todos os participantes e agrupacións que fan posible este evento: a Conservatorio Xinzo de Limia, Coro Aimil, Banda de Gaitas Xinzo de Limia, Concello de Xinzo de Limia, e a todos os artistas que se unen para compartir a súa paixón pola música connosco. Sen vós, isto non sería posible.
¡Vémonos alí!
Deja una respuesta