XVIII Certame Galego de Bandas de Música Populares

A Agrupación Musical da Limia participará o vindeiro 18 de outubro de 2025 no Certame Galego de Bandas de Música Populares, que se celebrará no Pazo da Cultura de Pontevedra. A Chikibanda 2.0 competirá en horario de mañá na Sección Infantil, mentres que a Agrupación Musical da Limia intervirá pola tarde na Sección Segunda. Tras un ano de reestruturación e coa incorporación de novos membros, a banda afronta unha nova etapa chea de ilusión e compromiso, coa vontade de situar á Limia no máis alto do panorama bandístico galego. Este proxecto conta co apoio do Concello de Xinzo de Limia, a Deputación de Ourense, a Xunta de Galicia e a UNED.
Deja una respuesta