Agrupación Musical da Limia

A Agrupación Musical da Limia é unha sociedade cultural que realiza actividades musicais na comarca da Limia principalmente.

A súa principal actividade concéntrase na Banda de Música da Agrupación musical da Limia, pero baixo o seu paraugas entran tamén outras iniciativas, coma a ESMULI (Escola de Música da Limia), a Coral Santa Mariña e a EGADIB (Escola Galega de Dirección de Banda) cun curso de Dirección de Bandas de Música homologado pola UNED.

A banda de música é principal actividade da Agrupación Musical da Limia
Clases de música para todos os niveis e especialidades
Onde os pequenos músicos aprenden divertíndose en grupo
Un curso de dirección de bandas homologado pola UNED
Unha coral que leva décadas de sorrisos