Coral Santa Mariña

essay writing online

4aa726b9-b8ec-4d5e-9e00-7c9603572303

Nace en maio de 1997 a Asociación Cultural e Recreativa “Santa Mariña”, e dentro do seu propio seo, un grupo de amigos, xunto a colaboración da Parroquia de Xinzo de Limia, forman a Coral “Santa Mariña”, actuando en todos os actos relixiosos da vila, convertíndose en coral a catro voces mixtas, e tendo a súa presentación oficial o día 4 de Xaneiro de 1998, dirixido por Don Manuel Paradela Laxe.

A partires de 1999 realiza concertos intervindo en varios festivais da provincia de Ourense e tamén nos Concellos limítrofes. No mesmo ano, celebrando o “Día das Letras Galegas” no 75º aniversario do Centro Galego das Ramblas de Barcelona, dá un concerto, actuando tamén ó día seguinte no Centro Galego de Mollet del Vallés.

Intervén en varias edicións de Festivais Corais da Deputación Provincial de Ourense, celebradas no Teatro Principal da capital, así como tamén na XIII Mostra da Canción Coral de Valdoviño. Tras o finamento de Don Manuel Paradela Laxe, con nova dirección a cargo de Dona Lucía Rodríguez Carrera, continúa a súa andaina intervindo  nos Festivais Corais de Panxoliñas de Caixanova de Vigo, e nos Internacionais de Música Coral de Auria Canta de Ourense.

Organiza en intervén no Festival Coral de Panxoliñas que, como cada ano, ven celebrando dende o ano 2001, e no Certame de Música Coral de Verán dende o ano 2007 na vila de Xinzo de Limia.

No Ano  2016 Don Efrén Martínez Barja toma o relevo encargándose da Dirección da Coral e implementándoa no ano 2017 na ESMULI (Escola de Música da Limia) na que se lle está a dar unha nova dimensión técnica, vocal e artística.

Ademais, podemos destacar As seguintes Actividades e concertos:

  • Edición dun CD musical, con 15 temas interpretados íntegramente pola Coral Santa Mariña, coa colaboración do estudo de grabación da RTVG.
  • Concerto de Nadal xunto con María do Ceo, Xinzo 2008.
  • Concerto de Nada, xunto con María do Ceo,  na catedral de Ourense, 2008.
  • Concerto en Ponte de Lima (Portugal): febreiro de 2009
  • Ponferrada Teatro Bergidum (León): Mostra de Corais, novembro 2010
  • Colaboración na grabación de un CD musical para a Asociación Enfermos de Alzheimer, coa casa Microrec. Novembro 2011
  • Edición do CD “A capella”, gravado por Microrec. Abril 2012
  • Concerto de verán, xullo 2014 xunto coa Agrupación Musical da Limia. Concertos de verán, en 2015  concerto con María do Ceo, “Soños Cumpridos”.
  • Tradicional concerto de  Panxoliñas no Nadal  todolos anos.
  • Concerto con María do Ceo en xullo de 2016. Concerto de verán,
  • Estreo do himno de Xinzo, con María do Ceo e a Agrupación Musical da Limia, xullo 2016

En Decembro de 2017 coincidindo coa celebración do 20 Aniversario da Coral Don José Luis Tielas Santiago, faise cargo da dirección Musical da Coral Santa Mariña de Xinzo de Limia.